How a Mosquito Operates

How a Mosquito Operates
Ficha técnica
DirectorWinsor McCay
EstreaXaneiro de 1912
Duración6 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
IMDB: tt0002260 Filmaffinity: 546423 Allmovie: v143339 Editar o valor em Wikidata

How a Mosquito Operates é un filme mudo de 1912 de animación do debuxante estadounidense Winsor McCay. Tamén se coñece cos títulos The Story of a Mosquito e Winsor McCay and his Jersey Skeeters. Cunha duración de 6 minutos, o filme amosa un mosquito xigante que atormenta a un home que tenta durmir. Este filme é unha das primeiras obras de animación da historia, e a súa calidade técnica está considerada moi avanzada para o seu tempo.

McCay acadara certa reputación pola súa capacidade de debuxo, de forma máis notable na elaboración dos debuxos da tira cómica para nenos Little Nemo in Slumberland que comezou en 1905. Iniciouse na arte da animación co filme Little Nemo en 1911, e seguiu o éxito deste adaptando un episodio da súa tira cómica Dream of the Rarebit Fiend ó filme How a Mosquito Operates. McCay deulle a este filme unha historia máis coherente e unha caracterización máis desenvolvida ca o filme Nemo, cunha temporalidade, movemento e peso na animación máis naturais.

How a Mosquito Operates tivo unha gran recepción trala súa estrea como parte dun acto de vodevil de McCay, que continuou desenvolvendo a animación de personaxes introducida neste filme na súa obra de animación máis coñecida, Gertie the Dinosaur do ano 1914.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search